ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

filosofía e poesía

Posted: Venres, Xullo 31st, 2015 @ 5:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en filosofía e poesía

Desde sempre me interesou a relación que se establece entre filosofía e poesía, especialmente desde que a poesía dá en ofrecer contidos fiolosóficos, como adoita suceder nos nosos días (nas últimas décadas sinaladamente, aínda que antes tamén sexa posíbel atopar filosofía na poesía, nunca como nas décadas inmediatamente anteriores foi isto tan perceptíbel). Evidentemente, iso […]

poema ou instalación poética?

Posted: Xoves, Abril 23rd, 2015 @ 6:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, CRÍTICA DE ACTUALIDADE | 1 Comment »

En certo momento da súa Poétic@, Fran Alonso deixa de referirse ás súas crecións como poemas e pasa a denominalas “instalacións poéticas”. O concepto de “instalación poética” non é novo, xa ten sido utilizado abondo veces como unha fórmula na que se imbrican a arte poética e a pictórica ou escultórica, outras veces simplemente se […]

recuperando literatura: Doce ( Mon G. Buhigas, Follas Novas)

Posted: Mércores, Xuño 11th, 2014 @ 9:10 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recuperando literatura: Doce ( Mon G. Buhigas, Follas Novas)

  AMOR, AMOR, DÉBEDA DE AMOR Título: Doce Autor: Mon G. Buhigas Editorial:  Follas Novas De  todos os comportamentos humanos, ningún tan imprescindíbel na vida como aquel que (pesumibelmente) cremos nos garante un futuro exento de soidade, o meirande inimigo do ser humano.  Do amor falamos; tamén, o tema literario máis recorrente ao longo da […]

sorpresas

Posted: Mércores, Xaneiro 22nd, 2014 @ 7:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en sorpresas

Comezo polas positivas, relatando un feito vivido por min nos vestiarios da piscina. Mentres eu me vestía, un pai entrou acompañado do seu fillo, un rapaz de seis ou sete anos, como moito. Non tiveron que molestarse moito para atopar un recanto onde mudar a roupa. Dentro só estabamos nós os tres. Mais o raro, […]

aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Posted: Venres, Decembro 20th, 2013 @ 3:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en aínda seguimos aquí ( os libros e a literatura)

Se a literatura é o grande milagre da humanidade, créanme que máis milagre é que sobreviva neste contexto de imbecilidade, da demencia das mentes opacas, de vulgaridade transformada en obxecto de culto que nos rodea. Pode entenderse esta anotación á luz da que onte escribía formulando preguntas que xogaban con títulos de libros. Pode. Porque […]

a poesía e a revolución

Posted: Xoves, Novembro 28th, 2013 @ 7:46 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a poesía e a revolución

Platón xa viu os perigos da poesía, e non dubidou en arrecantala. Desde entón a hoxe, a poesía, en concreto, a literatura e a cultura, hiperonimia in extenso crecente, non deixan de ser albo preferido da política e da relixión, constituíndose nos seus encarnizados detractotes. E por que?. Que mal fan a poesía, a literatura […]

porque me gusta tanto a poesía?

Posted: Mércores, Novembro 27th, 2013 @ 7:07 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en porque me gusta tanto a poesía?

Nas augas deste mundo que os señores de gravata avolveron de xe xeito quea limpidez cristalina ou é unha utopía ou un soño delirante. Nas augas chocas deste mundo no ca lanzar unha torta é delicto, mais non condenar o lanzamento de bombas ou facer proselitismo dictatorial. Nas augas fedorentas nas que a hipocrisía acada […]

territorio da fenda

Posted: Martes, Novembro 26th, 2013 @ 2:03 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en territorio da fenda

O destino do ser humano é enfrontarse á soidade. Chego a esta conclusión l0go da lectura da primeira ” fisura” de Raíz da fenda, o poemario de Berta Dávila editado por Xerais. Non se pense que se trata dunha conclusión “filosófica” ou “lírica”. Se se categoriza tanto é precisamente porque calquera dimensión da vida patentiza […]

lentos bois de silencio na mirada

Posted: Xoves, Novembro 7th, 2013 @ 9:46 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en lentos bois de silencio na mirada

Non collas, rapaciña, a nosa destra. Non  nos axudes a plantar o freixo de ouro. Outórganos, se acaso, un  nome sen destino, un pexego engurrado como pan de raposo.   Pousa nas nosas mans a lúa dos teus ollos e esparexe no aire viño novo.   Unha soa palabra que pronuncies alegre coma o círculo […]

poesía: cantos lectores?, que lectores?

Posted: Xoves, Outubro 17th, 2013 @ 9:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 4 Comments »

Seguindo co debate aberto por Chus Daranur no feisbu e despois recollido por Letra en Obras, coma sempre moi atentos, cousa que me comprace e quero salientar, a propia Chus sinalou os poucos lectores que ten a poesía. Pois ben, quero recoller esta derivación do tema porque eu non son nin moito menos pesimista. Certamente, […]