ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o bilingüismo e a harmónica

Posted: Venres, Xaneiro 16th, 2015 @ 1:59 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o bilingüismo e a harmónica

Un artigo publicado en Galicia Ciencia devolve ao primeiro plano da actualidade a cuestión lingüística. Algúns levamos desde os anos ´70 usando argumentos moi semellantes ao que neste artigo se divulgan, non con tanta precisión, non con precisión científica, porén está máis que demostrado que desde o bilingüismo activo é moito máis sinxelo apreder unha […]

Anxo Exterminador, ese ignorante profesor universitario politicamente legal

Posted: Xoves, Marzo 21st, 2013 @ 3:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Partamos de que o propio tipo ( indivíduo sería concederlle unha consideración que no nmerece), pois o tipo declara: “Non teño ambición política. Eu son un profesor universitario que é o que me gusta”. É moi importante saber o status do interlocutor que temos diante. Á hora de enxuizar isto: “Os que coñecemos a historia […]

un cancro chamado Anxo Lourenzo

Posted: Xoves, Setembro 15th, 2011 @ 2:45 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en un cancro chamado Anxo Lourenzo

Todos sabemos que Anxo Lourenzo cobra por non facer nada. Todos sabemos que o non  facer nada de Anxo Lourenzo permite ao Partido Petimetre soltar hostias tras hostia na cara da cultura galega. Todos sabemos que que a finalidade dos hostiazos é desarticular a cultura galega. Todos sabemos que a cultura galega incomoda no PP: […]

os herdeiros indirectos de Franco e a lingua

Posted: Martes, Agosto 24th, 2010 @ 1:51 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Recollo, deste artigo de XL Pereiro, unha preocupación que sempre me atinxiu de cheo. Moi de cheo, porque estou canso, vou moi farto, de escoitar, sobre todo cando viaxo ao meu paraíso vacacional, de escoitra  moita xente dicir que eles non falan ben o galego cando enrealidade falan un  galego marabilloso, autenticamente marabilloso. E son […]

débeda histórica coa lingua galega

Posted: Martes, Xullo 27th, 2010 @ 11:20 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en débeda histórica coa lingua galega

Tal e como foi tratada pola Xunta de Galicia, sería moi lóxico que alguén (refírome a políticos) empezara a demandar non só rectificación (que xa se fai) senón o PAGAMENTO DÁ CULTURA GALEGA DE TODOS OS CARTOS DESVIADOS POLA XUNTA DE GALICIA  a empresas que nin empregan o galego nin fan promoción da lingua. LVG […]

crónica de San Simón e unha denuncia

Posted: Domingo, Xuño 13th, 2010 @ 2:11 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Iolanda Zúñiga é a gañadora da XXVII edición dos Xerai. Isto, en si, é unha excelente noticia. As Vidas post-itVidas, é ben doado esvarar e fracasar, sobre todo se se navega na incerteza de non coñecer as esixencias que aconsella Literatura Mínima ou Hiperbreve. De aí que esta continuidade que agora representa o Xerais do […]

LVG entrevista a un idiota

Posted: Domingo, Maio 23rd, 2010 @ 11:40 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

“O decreto do plurilingüismo xa non ten volta atrás”. Para empezar, tolleremos as ás de quen se sinta mobilizado por esta problemática. E non é certo. Nesta vida todo ten remedio menos a morte. “fóra do ensino hai ámbitos nos que pode acadarse consenso cos tres grupos políticos”. Si, mais ningún ten a trascendencia do […]

campaña ikea galega

Posted: Domingo, Marzo 28th, 2010 @ 11:16 a.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en campaña ikea galega

Polo facebook chégame noticia dunha nova inicitaiva, unha nova loita a prol da nosa lingua. Neste caso destinada a  que Ikea. Os da República Independente da túa Casa, que se van instalar na Coruña, presumindo de suecos e de  prestaren unha atención social avanzada mais que á hora da verdade fanse os suecos á hora […]

Un tipo listo. E despois outro que se cre listo

Posted: Mércores, Decembro 16th, 2009 @ 11:56 a.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en Un tipo listo. E despois outro que se cre listo

O primeiro. É a miña lectura desta semana. Principei a lela con afán. As voces da noticia deixárame bon sabor de boca. E, sobre todo, a imaxe dun narrador serio, que non esquece atender a pormenores, vamos, que non “vende” as historias que conta no nome da vertixinosidade ou da plasticidade que tantas veces cegan […]

perplexidades (e máis aforística de Dieste)

Posted: Mércores, Outubro 28th, 2009 @ 11:21 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en perplexidades (e máis aforística de Dieste)

Aínda que nolo queiran facer crer. Baixar os soldos de deputados e altos cargos, nun 3%, como xesto solidario coa sociedade…non é tal…ou si mais ao revés: un xesto de insolidariedade supina. Calquera alto cargo que queira recuperar eses cartos , e inclusive máis, abóndalle con ir a dúas ou tres comisións máis, ou mirar […]