ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

cultura eculiquá

Posted: Luns, Outubro 20th, 2014 @ 8:56 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cultura eculiquá

Está na rúa. É dicir, vese por calquera recanto. Neses anuncios publicitarios que confunden a cultura coas inauguracións (Gas Natural-Fenosa); nos faladoiros radiofónicos, onde o malo xa non é que digan algo con substancia, porque o nivel cultural adoita ser tan baixo que abondo fan con saber falar, ler e escribir, aínda que algúns fachendeen […]

da irrelevancia cultural e intelectual dos políticos

Posted: Martes, Febreiro 25th, 2014 @ 7:30 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en da irrelevancia cultural e intelectual dos políticos

É tan difícil entender que unha sociedade en que a uns lles vai moi ben tamén e a outros moi mal é unha sociedade inxusta? É tan difícil entender que entón teremos que traballar por unha sociedade máis xusta e igualitaria? É tan difícil entender que a actual crise esconómica puxo de manifesto a insolidariedade […]

mafias culturais e mafias anticulturais

Posted: Xoves, Febreiro 20th, 2014 @ 7:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mafias culturais e mafias anticulturais

Se as mafias en si son un dos fenómenos máis preocupantes da sociedade porque inutilizan calquera forma política en nome dunha fidelidade que só ten algunha semellanza coa ditadura, e ademais tal fidelización lógrana desde a intimidación e o impedimento de calquera tipo de comportamento individual previamente non aprobado pola chefía mafiosa. As mafias culturais […]

lectura e abuso de poder

Posted: Mércores, Xaneiro 29th, 2014 @ 9:36 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Onte escribín sobre a ausencia de lexislación que protexa o profesorado que de verdade toma en consideración a lectura e a esixe como parte curricular indispensábel. E hoxe inicio esta anotación coa certidume de que a inmensa maioría da xente pensa que só se le en libros ou outro soportes alternativos, o cal non deixa […]

teatro, teatreiros e políticos ( na sociedade anormal)

Posted: Martes, Xaneiro 21st, 2014 @ 6:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en teatro, teatreiros e políticos ( na sociedade anormal)

Continuando co refacho desmitificador que estes días me impulsa, hoxe leo esta entrevista de Montse Dopico a Roi Vidal e dáme para cavilar. Roi titula o seu primeiro poemario “Teatro”. Roi confésase teatreiro, e penso na mala prensa que os teatreiros tiveron sempre para o goberno de España ( e téñase en conta que, malia […]

entre o control absoluto (Anxos Sumai) e a liberdade incontrolada: fisuras e cadeas

Posted: Luns, Decembro 9th, 2013 @ 7:08 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en entre o control absoluto (Anxos Sumai) e a liberdade incontrolada: fisuras e cadeas

A lúa da colleita foi a miña lectura da semana pasada, e a crítica xa a fixen e enviei ao Galicia Confidencial, emporiso todo me leva a querer continuar escribindo a redor da novela de Anxos Sumai. Ten iso, é das novelas que, como vulgarmente se di, métenseche dentro con vocación de non querer saír […]

algunhas preguntas incómodas

Posted: Mércores, Decembro 4th, 2013 @ 10:19 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en algunhas preguntas incómodas

Logo de que onte opinara sobre o informe PISA, no remol de todo isto  subsístenme algunahs preguntas incómodas. -Porque se a propia OCDE non informe PISA 2012 di ben claro que as condicións socioeconómicas familaires son decisivas no rendmento  escolar, a prensa pasa de todo, coma se oíra choves, e se limita a cinrcunstancilaidades anecdóticas […]

manifestación do enfado

Posted: Luns, Novembro 25th, 2013 @ 7:10 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en manifestación do enfado

Hoxe fago miñas as voces de ELAS. E non quixera. O simple feito de verme moralmente obrigado dóeme. Significa que hoxe debo concibilo como un día especial, e é redondamente inxusto, sempre que se instaura o día de recoñécese un fracaso, unha inxustiza, un negrón na memoria moral e cívica da humanidade, un negrón enorme. […]

a vida como deus manda, segundo o PP

Posted: Xoves, Outubro 31st, 2013 @ 7:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a vida como deus manda, segundo o PP

-Catalugna será España, mentres madrileños, andaluces, estremeños,murcianos, galegos, vascongados, aragoneses, asturianos, cántabros, navarros… illeus e manchegos queiran. O que queiran os cataláns non importa. Son menos. Iso é a democracia. -Todo o que o PP di é verdade, s enon é certo é porque a oposición cerril teima en non querer crelo. -Cultura? A necesaria […]

a estrañización, da política á novela

Posted: Venres, Outubro 11th, 2013 @ 9:24 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a estrañización, da política á novela

Se un escoita falar á Cospedal, ao Floriano, a Báñez, o Rubalcaba, o Raxoi, o Wert…ou aquí  o Feixó e a súa panda de petimetres, que os mentamos a eles porque nas súas máns está o noso futuro, pois a un non se lle fai nada raro que segundo avanza o tempo se vaian incrementando […]