ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a advertencia de Cabanillas contra o capital

Posted: Luns, Setembro 10th, 2012 @ 11:21 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a advertencia de Cabanillas contra o capital

Na vida tan axetreada que levamos, atentos, pola conta ( moi económica) que nos ten, ás últimas noticias políticas, estas prodúcense con tal vertixe que non dá tempo a entender ( ou moi pouco) o verdadeiro significado dos feitos que se producen, é dicir hai moi pouca marxe para a reacción. Evidentemente isto non sucede […]

por unha nova transición…

Posted: Xoves, Decembro 8th, 2011 @ 1:25 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en por unha nova transición…

Quen vivira os postreiros anos do franquismo, quen vivira a primeira década e media postfranquista ( resto dos 70´e decada dos 80´), e non comungue coas rodas de pedra da ideoloxía centralista…de seguro que desde os 90´a hoxe describe o que viviu como unha frustración in crescendo porque a famosa ( e tanto, ben de […]

informe PISA 2009

Posted: Mércores, Decembro 8th, 2010 @ 1:11 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en informe PISA 2009

Vaia por diante a miña desconfianza deste tipo de enquisas, en concreto esta trata de homologar o ensino a nivel europeo, para iso está feita, e eu moito temo que na tentiva de homologación chouten por riba da multiformidade cultural propia de Europa…moito temo iso porque esa, que non outra, é a finalidade da devadita […]

bandeiras e fútbol e política de censura

Posted: Martes, Xullo 13th, 2010 @ 11:43 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Antes de nada é preciso que vexan este vídeo (vía Montealto, me chega): [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_0LQh98W5TA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Non sei se rulará ben o vídeo, sei que hai dificultades. En todo caso, abonda unha imaxe, unha visión rápida e mínima, devólvenos a imaxe de gardascivís tejerianos, bandeiras al viento, segregación de sexos segundo uniformes…aqueles […]

onde está o BNG?

Posted: Mércores, Xuño 9th, 2010 @ 7:29 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en onde está o BNG?

Imos falar de estratexia electoral. Os resultados cantan, está visto que ao PP lle foi moi ben a estratexia de, nas pasadas autonómicas, ser el quen levara a iniciativa a nivel mediático. Nin sequera foi quen de debater, non por debater, foino simplemente por non ceder. Importoulle moi pouco facer a campaña máis suxa que […]

algúns fíos críticos

Posted: Martes, Xuño 8th, 2010 @ 7:02 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en algúns fíos críticos

-Hoxe foi día de folga. Eu non folguei. Porque onte ninguén diría que hoxe a había, nin sequera os sindicatos se esforzaron en qu enon o esqueceramos. E, se me van descontar do soldo, pois xa chega iso sen que ofrecerlles un plus. -A xente comentaba outras razóns. Unha compañeira dicía que ela non facía […]

de ETA ao verdadeiro valor da democracia española

Posted: Xoves, Febreiro 4th, 2010 @ 11:19 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en de ETA ao verdadeiro valor da democracia española

Escoitei na radio algo que xa esquecera. A cousa vai de Martin Amis, da súa provocadora maneira de ser e vender, e da liberdade coa que se expresa dicindo o que os demais non podemos. Foi vir el e soltar iso de ETA FIXO UN FAVOR MATANDO O SUCESOR DE FRANCO, e saír na prensa. […]

a ideoloxía da fetidez ou a involución progresista neocon de marca

Posted: Martes, Outubro 27th, 2009 @ 11:42 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a ideoloxía da fetidez ou a involución progresista neocon de marca

Probado que na Quintana non houbo agresión, e si provocación e moi malas maneiras por parte do cámara – inclusive para con quen só quería axudalo. Queda por saber se o cámara seguía instrucións ao provocar, cousa ben posíbel e agardábel, ou foi exteriorización da pouca educación que mamou ou soubo asimilar. Tampouco esquecemos a […]

mentiras e vaselina de cara a setembro

Posted: Martes, Agosto 11th, 2009 @ 11:54 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Vaselina suficiente para disfrazar a andanada que  Anxo Lourezo, o Anxo Exterminador, lle está arrreando á SOCIOLÍNGÜÍSTICA GALEGA, E Á SOCIOLINGÜÍSTICA EN XERAL, pois non se vende por ningún lugar. Non é como cando  aquel famoso conselleiro volvía á terra nativa do Asma, que se esgotaban na vila as existencias de xel fixador para o […]

p p dos pobres de espírito

Posted: Xoves, Xuño 18th, 2009 @ 4:51 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en p p dos pobres de espírito

Vindo para a casa, escoita no parte das dúas, como un deputado do PP se queixaba (non lembro a área en concreto) de que o bipartito non deixara as cousas amañadas no tempo que estivo na Xunta. Derivado do cal enfiei unha serie de pensamentos que agora tratarei de reproducir. Máis dunha vez teño reclamado […]