ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

insidias, libros, e pecados

Posted: Martes, Xuño 4th, 2013 @ 6:02 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en insidias, libros, e pecados

Ou algo máis ca insidias, bastante máis. Comezaba o día, ía cara ao traballo, e no faladoiro ese que teñen pola mañá na Radio Galega, despois das noticias, a iso das 8,30, os faladores falaban da visita do presidente Mújica. Que facían? Recoñecer que é un presidente distinto, con moitas razóns por detras, e desvinculalo […]

do mar, de peixes e letras (cantiga de Nadal)

Posted: Xoves, Decembro 20th, 2012 @ 6:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en do mar, de peixes e letras (cantiga de Nadal)

Non é a miña intención hoxe escribir sobre a presenza do mundo do mar na literatura. A min, que son de interior, nunca deixará de parecerme un tema de moito interese. Mais velaí que atopo esta entrevista con María do Carme  García Negro e, á luz dos acontecementos que me habitaron a mañá, véxome na […]

Pardo Bazán, feminismo e roubo da Radio Galega

Posted: Martes, Decembro 18th, 2012 @ 9:30 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Pardo Bazán, feminismo e roubo da Radio Galega

É que escoitaba, hoxe, vindo do traballo, a redor das 14,30, como na Radio galega promocionaban o filme que hoxe van poñer na TVG. E teño eu como algo indiscutíbel que, de tratarse doutro filme, ou dun filme inequivocamente galego, nin se tería producido tal promoción nin o poñerían en prime time e si ás […]

no funeral de Avelino Pousa / e a tremenda faltada da Radio Galega

Posted: Martes, Agosto 21st, 2012 @ 10:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Conducía cara a casa, escoitando a radio, despois de estar na despedida de don Avelino Pousa Antelo, unha despedida moi sentida moi emotiva. Velaquí teñen tres instantáneas: No comezo de acto de homenaxe e despedida         No fondo,  á dereita, Carme Hermida,  Mini e Mero, David Otero, Vázquez Pintor, Martiño Noriega…que en […]

Feisbúscame e o humanismo perdido

Posted: Domingo, Xuño 24th, 2012 @ 5:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Feisbúscame e o humanismo perdido

O día loce tan radiante hoxe como se onte arderan nas cacharelas todas as malas bruxas que envelenan a vida, e dentro dunhas horas a SD parte como favorira para lograr a segunda Copa de Deputación en 3 anos… e  o Lugo con vantaxe para subir a senda división. Si, mais desde onte cando ía […]

RG San Simón Gaiás e o rebote

Posted: Venres, Xuño 22nd, 2012 @ 5:55 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en RG San Simón Gaiás e o rebote

Poñerse a mirar as augas da actualidade, dá noxo, o noxo do indixeríbel. -Cando conducía para a casa estaban na Radio Galega, a redor das dúas e media. Case tiven que deter o auto para golsar, e iso que aínda non xantara. Resulta que van e soltan, polo das preferentes que ” os afectados polas […]

a mediocridade, a rúa e a mala lei

Posted: Venres, Xuño 8th, 2012 @ 9:35 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a mediocridade, a rúa e a mala lei

Non hai máis que oílos, os mediocres sempre cren que son superiores aos demais, que eles son superiores por decisión divina. Velái está, que un dos maís mediocres xornalistas da Radio Galega, acusa aos demais de mediocres e que só merecen ir a rúa. Ese que merecen ir á rúa son os que denuncian os […]

in-dig-nan-te!

Posted: Martes, Novembro 15th, 2011 @ 8:40 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, manipualción informativa, Sen clasificar | Comentarios desactivados en in-dig-nan-te!

Fala todo o mundo deste lipdub dos rapaces de Cea. [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/15iM-MVNG7Q” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A Radio Galega tamén se feixo eco. Ou algo parecido. Máis ben fíxose des-eco. Se viron e escoitaron o vídeo decataranse da reivindicación lingüística, ademais da do pan de Cea. Pois ben escoitei o tempo que lle adicaron, a […]

primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

Posted: Luns, Setembro 19th, 2011 @ 11:17 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

É moi sinxelo. Comeza un novo ano académico. E neste novo curso somos significativamente menos ensinantes. A Xunta vendeu esta reducción dos docentes como unha aposta pola “calidade” no ensino. Calidade e excelencia son dúas palabras que non apean da boca.Vendeu como “calidade” algo que só é unha chafallada. Sei de varios centros na provincia […]

Xulia Alonso e o silencio da Radio Galega

Posted: Mércores, Febreiro 9th, 2011 @ 3:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Xulia Alonso e o silencio da Radio Galega

A miña lectura desta semana: Futuro imperfecto. O título lémbrame outros dous: o Pretérito Imperfecto e o Futuro Condicional, ambos dun autor a quen Galiza e a cultura galega lle deben moito, moito, moito…mais que non remata de ser recoñecido porque nesta Galiza escribir nunha fórmula que non fora xunteira sempre estivo penalizado, penalizado cun […]