ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

pola dimisión e Alonso Montero

Posted: Luns, Maio 19th, 2014 @ 2:02 p.m. in LINGUA, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en pola dimisión e Alonso Montero

Inicialmente pensei titular esta anotación ” Informe dramático sobre Alonso Montero”, parodiando aquel Informe dramático sobre la lengua gallega -valoren vostedes a lingua en que está escrito. Porén mentres a lingua galega é algo moi serio e nela se expresou/expresa unha literatura/cultura, de moita grandeza… pois o actual rexedor dos destinos da RAG non pasa […]

Rocío Mosquera e a (in)explicábel dimisión de Ferrín

Posted: Xoves, Febreiro 13th, 2014 @ 2:39 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Rocío Mosquera e a (in)explicábel dimisión de Ferrín

Non hai máis que agardar. As cousas acaban pasando. E as simetrías, os paralelismos entre o que motivou a dimisión de Ferrín ( aquel “escándalo” de que unha filla e o seu compañeiro traballaran para a RAG) e o caso da promoción profesional do marido de Rocío Mosquera…son, máis que notábeis, fondamente significativas. Lembrará, o […]

Alonso Montero e a nai de Otero Pedraio

Posted: Luns, Maio 13th, 2013 @ 6:10 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Chegou aos meus oídos que Alonso Montero anda dicindo por aí que Otero Pedraio lle falaba castelán á nai. Outras veces me teño sentido obrigado a desmentir estupideces que este petulante vai sementando por aí. Posibelmente non falte á verdade, cando o di. En todo caso non é que me preocupe nadiña que sexa certo […]

o mundo, e Alonso Montero, ao revés…

Posted: Luns, Abril 22nd, 2013 @ 12:10 p.m. in Sen clasificar | 2 Comments »

O corpo sempre me tira a escribir de libros, mais hoxe teño que recuncar no asunto da RAG. Polo menos, a demisión de Ferrín serviu para que Alonso Montero volvera pisar a RAG. Fíxense vostedes, tres anos de ausencia, e foi volver, porque foi cando se volveu saber que existía, para botar a Ferrín e […]

dous libros e unha dúbida con mala hostia

Posted: Mércores, Abril 17th, 2013 @ 6:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en dous libros e unha dúbida con mala hostia

Hai un tempo que escribo aquí menos do que querería e debería ser habitual, porque tocou un tempo así de viaxes. Agora mesmo veño de chegar de Allariz, unha das miñas debilidades, a onde fun acompañando a Sara e Sabela pois elas son as autoras do manifesto do Correlingua deste 2013. Conteilles no autobús, na […]

a mala educación

Posted: Luns, Marzo 18th, 2013 @ 6:53 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 5 Comments »

Non non imos escribir sobre o filme do mesmo título, mais dificilmente atoparemos outro mellor. Unha vez que se produciu a marcha de Méndez Ferrín da presidencia da RAG, deuse a coñecer este manifesto de apoio das Redes Escarlata. Informado, valente e xusto, a meu ver. Comprendo perfectamente que haxa xente que non o valore […]

fumata negra na rúa Tabernas

Posted: Xoves, Marzo 14th, 2013 @ 6:07 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en fumata negra na rúa Tabernas

Consumada a anunciada marcha de Ferrín, ábrese un novo período na RAG. Valaí o tópico; coma todos, mentirán. Porque non se trata de abrir un novo período, xa o abriu Ferrín cando viu que a súa situación de cerco e derrubo xa estaba ben de aturala. Cerco e derrubo, por máis que non guste aos […]

tempo de estorbos

Posted: Luns, Marzo 11th, 2013 @ 1:49 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tempo de estorbos

Esta fin de semana estorbou o seu a choiva, que deixou a Feira do Viño en cotas de asistencia similares ás das primiras edicións. Porén, este estorbo permitiu que se puidera ir de caseta en caseta polo recinto, mentres que en circunstancias normais é tal o xentío que un o pensa dúas veces. Mais ese […]

o sapo gozoso e o futuro da RAG

Posted: Xoves, Febreiro 28th, 2013 @ 8:23 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o sapo gozoso e o futuro da RAG

I o sapo gozoso cantaba: -¡gho, gho! – O asunto é suficientemente grave, e suficientemente vergoñento, como para que calar sexa unha covardía moi covarde. Daría un retrato moito máis riquiño se quedara caladiño, seino. Mais sempre me gustou ir de fronte, as mañas torticeiras desprézoas fondamente. -Os protagonistas son xentes merecentes de respecto, máis […]

Xogo de tronos ou Cemiterio privado?

Posted: Mércores, Febreiro 27th, 2013 @ 8:44 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Xogo de tronos ou Cemiterio privado?

Non me molesto en coller o teléfono, quero que a miña información se achegue á da que ten a xente da rúa. Sigo matinando no caso da demisión de Ferrín. Aínda que queixera non me sería doado deixar de cavilar no asunto, a xente pregúntame, no traballo ou de paseo. A chegada de Ferrín á […]