Posted: Mércores, Xaneiro 15th, 2014 @ 6:23 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os caramelos M&M´S e a servidume de Raxoi
Ocupouse a prensa corifea de ponderar a visita de Raxoi á meca do capitalismo (american way of style) e vendela como un grande, un grandísimo éxito que bendicía as políticas do mandatario español. E a verade é que Raxoi tiña ben porque recibir os máis efusivos e visíbeis parabéns no tocante a iso, pois as […]
Posted: Xoves, Setembro 19th, 2013 @ 6:21 p.m. in CRÓNICA DA CRÃTICA, POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a vida antes do Golpe de Estado
A facultade de pensar, de razoar e establecer xuízos segundo os cales guiarnos na vida, é unha das que nos fai humanos. Polo menos no eido abstracto, no das definicións, no categorial. Porque en canto descendemos un chisco, en canto nos circunscribimos á vida real, está claro que no teatro da vida só se representa […]
Posted: Venres, Setembro 13th, 2013 @ 1:46 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lingua, política e medo
Escribo esta anotación nunha paréntese do texto para a presentación de hoxe, en Esteiro, do libro da María Xesús. Porque me entrou medo. Explícome. Cando escoito ou leo as manifestacións orais, as mensaxes, os textos que determinadas persoas do Parido Popular emiten, cáeme a alma ao chan. Non porque esgriman posicións políticas contrarias á […]
Posted: Martes, Agosto 6th, 2013 @ 9:13 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en realidades grotescas deste verán
Na anterior anotación preguntábame onde estaba a ficción. Como crítico literario, e máis como persoa da rúa, dóeme, moito, tal pregunta, tal cuestión que parece indicar que o progreso da civilización humana non vai parello ao seu nivel de desenvolvemento industrial. Xa sei, a conclusión non é nova, mais segue doendo. E por moito que […]
Posted: Sábado, Febreiro 9th, 2013 @ 3:15 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o problema das fotocopias egoístas
Ten ben razón o PP cando di que que as de Bárcenas sexan fotocopias dáse ao desconfío. Tena, mais non polo suxire senón polo que deixa detrás. Unha das probas a que hai que someter tales fotocopias, e que ten máis importancia inclusive que o exame grafolóxico, consiste en establecer se os “papeis” se escribiron […]
Posted: Venres, Febreiro 8th, 2013 @ 6:56 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en humor indigando contra a gripe española
Anda o PP todo revolucionado pola petición de dimisión en Change.org, dimisión da cúpula do PP, dimisión de Raxoi e convocatoria de eleccións . Un millón de asinaturas nunha semana, 200.ooo o primiero día. A petición que máis rápido medrou en todo o mundo. Baten récords, e non é doado contrarrestar a súa validez porque […]
Posted: Martes, Febreiro 5th, 2013 @ 7:32 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en zooloxía sen aparellar
Paso todos os días por diante, e desde a venta tamén podo ler o que di o muro de bloques. E como paso eu, igual pode pasar algún afectado polas preferentes, cun xornal debaixo do brazo Pide Pilar Rojo que so grupos parlamentares se responsabilicen da conduta dos seus convidados. Xa, asumir responsabilidades está moooooi […]
Posted: Luns, Febreiro 4th, 2013 @ 1:24 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a orixe da putrefacción ou o vómito da xente elegante
Descóbrese polo cheiro. Vén dicindo o Financial Times que as institucións españolas despiden un moi preocupante cheiro a putrafacción. Desde a monarquía ao poder xudicial. Que editorialice así un medio tan influínte como o Financial Times non debería pillar de sopresa a ninguén. E que teña que facelo debería facer meditar, e moito, sobre o […]
Posted: Domingo, Febreiro 3rd, 2013 @ 8:24 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en espectáculos e corrupcións presenta: tá bonita a cousa
A cousa está bonita, como no máis choqueiro dos esperpentos imaxinábeis. Protagonistas e feitos: 1) Bárcenas tensa a corda, vese apurado e presiona para saír indemne 2) A maneira de presionar consiste en airear interioridades do partido para o que traballo e polo que se sente abandonado 3) As interioridades amosan unha corrupción sen límites, […]
Posted: Sábado, Febreiro 2nd, 2013 @ 3:06 p.m. in POLÃTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Que tempo tan absurdamente literario!/Dan Brown pide a dimisión de Raxoi
Arestora afánase o señor Raxoi en negar que cobrara ou repartira diñeiro negro. E Cayo Lara asegura que se Raxoi está a mentir debe dimitir. Home, a don Cayo eu supoñíalle mellor memoria. Hai dez anos Raxoi tamén se afanaba en convencernos de que as perdas de fuel do Prestige eran como “hilillos de plastilina”. […]