ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

as cousas claras… e os touros para wert,que é o que sabe facert

Posted: Xoves, Decembro 13th, 2012 @ 3:35 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en as cousas claras… e os touros para wert,que é o que sabe facert

Nin todo o mundo ten porque ser culto, nin se pode agardar que de cando ne vez meta a zoca na lama. Mais o que non é de recibo é que un Ministro de Educación teime no paletismo imbécil da burramia máis orelluda e malintencionada. Teime. Paletismo. Imbécil. Malintencionada. Raxoi, Werth, Feixó, Susi Vázquez Teime, […]

onde Xesús Vázquez Abad demostra a súa incompetencia

Posted: Domingo, Setembro 5th, 2010 @ 12:35 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en onde Xesús Vázquez Abad demostra a súa incompetencia

Direi, primeiramente, que non entendo moi ben que se lles dea canha a estes personaxiños de medio pelo, por moi conselleiros que sexan. Cada vez que saen na prensa, na prensa seria, non en LVG, é unha oportunidade para encher a vida dos galegos de mentiras e prexuízos. De que lado estamos? Unha vez feita, […]

á militancia cultural galega

Posted: Martes, Agosto 31st, 2010 @ 12:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en á militancia cultural galega

A noticia non saltou aínda aos medios. Podemos manter esperanza? Non creo, non. Onte escribía que iso nos vai deixar a nivel de 1960, máis menos. Porque aínda contamos con industria editorial. Só por iso. O panorama que se aveciña nos próximos meses é o dunha industria cultural afogada á mantenta. Non é que a […]

urxe intervención social xa!

Posted: Xoves, Xuño 17th, 2010 @ 3:24 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en urxe intervención social xa!

Vou farto de  ver nas fotos o impresentábel do Anxo Exterminador, de Xesús Vázquez ou de Bob Varillas. Sobre todo estou máis que farto da mornura coa que son entrevistados, da facilidade coa que se lles deixa coar mensaxe en positivo. Tamén estou farto de titulares a medio camiño, neutrais. Aínda que despois no corpo […]

especulando a actualidade

Posted: Xoves, Maio 27th, 2010 @ 7:58 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en especulando a actualidade

– o primeiro que che vén aos ollos é o cesamento do Secretraio Xeral de Educación, e hai que concordar con co deputado socialista afirmando que a quen tiña que cesar Feixó o Atrasador…era o outro Vázquez -e sería por non estar de acordo co decretazo señorito? E sería por non ter elaborado o famoso […]

obrigarédesnos á insubmisión lingüística?

Posted: Venres, Abril 30th, 2010 @ 10:48 a.m. in LINGUA | Comentarios desactivados en obrigarédesnos á insubmisión lingüística?

Xa me ten farto, o im Feixó sempre tirando pedras contra a casa propia, con tan pouca intelixencia, tan grotescamente… por tan reiterado Volve con esas de que habendo un idioma que coñecemos todos…gastar os cartos noutros é tiralos e estamos en crise… Carallo, cartos tirados son todos os que se levan gastados en propagandear […]

o poder da ignorancia, a ignorancia no poder

Posted: Xoves, Abril 29th, 2010 @ 9:08 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en o poder da ignorancia, a ignorancia no poder

Leo, palabras de de Xesús Vázquez Abad, “todos cometemos erros”. Ninguén está libre. O peor erro foi permitir que un burranzán coma ela chgase á Consellería de Educación. Certo, todos erramos, o que nos distingue como seres racionais é que temos a capacidade para aprender dos erros. Dado que a Xunta, nomeadamente este Xesús Vázquez […]

enfrontamento con

Posted: Mércores, Abril 28th, 2010 @ 7:09 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en enfrontamento con

-Israel. Plenamente xustificado. O compoertamento deste estado é decididamente medieval, non ten nada que ver co proceder dun estado moderno ou actual. A noticia da detención e expulsión de Iván Prado, vén confirmar cando dicimos, e por outra banda non deixa de lembrarme o proceder histórico do estado español. Desde esta ferradura unha fonda aperta, […]

espello e deformidade, no día do debate

Posted: Martes, Marzo 16th, 2010 @ 11:24 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en espello e deformidade, no día do debate

Un extracto do Limiar que enceta o Xentiario de Carlos G. Reigosa: Se o vocábulo bestiario fai referencia a un conxunto de iconografías e fábulas protagonizadas por animais reais ou quiméricos -e non só da Idade Media-, considero propio e acertado que a palabra xentiario acolla unha serie similar de creacións referidas a unha variedade […]

as simpatías do odio

Posted: Luns, Marzo 15th, 2010 @ 11:24 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Como non podía ser doutra maneira, falaremos do decretazo señorito. O primeiro, non se coñece aínda o famoso decretazo señorito senón un avance das liñas xerais. Por non faltar á palabra, foi a presentación. Que do resto, nas hostes ppetimétricas as augas baixan fervendo. E de aí nace unha miña preocupación: parece ser que no […]